@S PADEXEIR@S DO BREOGAN DO GROVE TRAENSE NOVE MEDALLAS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA SPRINT OLÍMPICO. O EQUIPO SENIOR MASCULINO ACADA O TERCEIRO POSTO FINAL NA LIGA NACIONAL SENIOR MASCULINO

Impresionante actuación dos representantes do Breogán do Grove no Campionato de España de Sprint Olímpico para xuvenís e seniors, que dende o venres ata o domingo se disputou no encoro de Santa Cruz de Trasona (Asturias). Un total de nove medallas foron acadadas polos deportistas do Breogán, catro Medallas de Ouro, cos seus correspondentes títulos de Campións de España, dúas Medallas de Prata, cos seus títulos de Subcampións de españa e tres, Medallas de BronceO xoves na primeira xornada do Campionato disputaronse as competicións en barcos individuais, onde os padexeiros do Breogán do Grove se fixeron con catro medallas.Destacando a boa actuación do noso paracanoe, Enrique Navas “Tite”, que se colgou dúas Medallas de Prata no PK2 home senior, nas distancias de 200 e 500 m.No C-1 home senior 1.000m., con tres representantes breoganistas na final, Diego Romero ofreceunos un regatón para proclamarse Campión de España, con Diego Domínguez colgándose a Medalla de Bronce no seu primeiro ano na categoría. O tercer membro do Breogán presente nesta final foi David Barreiro, que rematou na 8ª posición.En K-1 muller senior 1.000 m., contamos con Tania Alvarez que se meteu na final, donde rematou novena; mentras que Marta Mourelos fixose co quinto posto da Final B. Tania Alvarez no K-1 muller 500 m., acadou o segundo posto na Final C.Pola súa banda, Diego Romero tamén estivo presente na final do C-1 home senior 500 m., onde ocupou a novena posición.A primeira medalla do sábado chegou da man de Tania Alvarez e Marta Mourelos, que se colgaron Medalla de Bronce no K-2 muller senior 1.000 m.No C-2 home senior 1.000 m., os nosos padexeiros fixeronse con dúas preseas, Noel e Diego Domínguez proclamaronse Campións de España, mentras que Tono Campos e Diego Romero acadaron a Medalla de Bronce.Os nosos C-4 home senior fixeronse con dous títulos de Campións de España coas seguintes tirpulacións en cada distancia:- 1.000 m.: Tono Campos, Diego Romero, Noel Domínguez, David Barreiro.- 500 m.: Tono Campos, Diego Domínguez, Noel Domínguez, David Barreiro.Tamén estiveron en finais, pero sin chegar a medallas:- Tono Campos e David Barreiro, 6º posto no C-2 home senior 500 m.- Tania Alvarez e Marta Mourelos, 1º posto Final B, no K-2 muller senior 500 m.Na xornada do domingo, a última do Campionato; os nosos representantes rozaron unha nova medalla, quedándose moi preto da terceira posición Noel Domínguez e Diego Domínguez, que remataron no 4º posto no C-2 home senior 200 m.TERCEIRO POSTO FINAL NA LIGA NACIONAL SENIOR MASCULINO DO EQUIPO SENIOR MASCULINO ACADA Esta regata foi a última das distintas Ligas Nacionais de Sprint das categorías senior e xuvenís.O noso Equipo Senior Maculino, despois dunha moi boa temporada, rematou neste Campionato de España na cuarta posición; o que lle valeu para ocupar a TERCEIRA posición final Liga Nacional División de Honra Senior Masculina.Pola súa parte o Equipo Senior Feminino, contou con varias ausencias neste Campionato, pero as súas componentes realizaron unha boa actuación, que lles fai rematar na OITAVA posición final da Liga Nacional División de Honra Senior Feminina.NON TODO VAI SER PADEXARCoincidindo coa primeira xornada deste Campionato de España Sprint Olímpico que se disputou en Trasona (Asturias), o noso padexeiro Tono Campos estivo de cumpreanos. Unha vez rematada a xornada e durante a cea no hotel de concentración, os compañeir@s obsequiaron a Tono con unha tarta polo seu 37 anos cumpreanos.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122