Onte iniciouse a andaina dos representantes do Breogán do Grove no Campionato de Europa de Maratón que se disputa en Silkeborg (Dinamarca).
Os primeiros en entrar en escea foron os canoistas Tono Campos e Diego Romero, que participaron na distancia curta do C-1 home senior.
Tono despois dunha boa saída colocouse ben e foi loitando toda a regata cos dous representantes de Polonia acadando finalmente a terceira posición e a Medalla de Bronce.
Mentras que Diego saleu máis atrás e foi remontando postos durante a competición ata chegar o cuarto posto, non podendo contactar cos tres de cabeza e rematar nunha digna cuarta posición.
TANIA ALVAREZ SÉTIMA
Logo disputouse a regata da distancia curta para o K-1 muller senior, coa presenza de Tania Alvarez, que fixo unha gran competición. Esta regata resultou máis disputada e con máis deportistas loitando polas prazas cabeceras, donde pronto se fixo un grupo con 6 deportistas no que Tania loitou por meterse, pero non foi capaz, pero sigueu pelexando como fai sempre e rematou na sétima posición, a “primeira” das que non foron quen de meterse no grupo cabeceiro.
Agardamos que as distancias estándar do maratón que se disputarán o sábado e domingo, traían boas novas para os nos@s deportisas dende terras danesas.
#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122