O BREOGÁN DO GROVE PRESENTA 14 DEPORTISTAS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA SPRINT NOVAS PROMESAS – CADETES e INFANTÍS

O Complexo Deportivo David Cal de Verducido acolle dende primeira hora do venres ata o medio dia do domingo, o Campionato de España de Novas Promesas de categorías cadete e infantil; con unha inscrición de máis de 1.000 padexeir@s.

O Breogán do Grove inscribeu un total de 14 desportistas neste Campionato de España:

– Muller canoa cadete: Lara Remigio.

– Home canoa cadete: Pepe López, Antonio Silva, Mateo Feijoo, Alex Barreiro, Xian Gondar e Jairo Barral.

– Muller caiac cadete: Alba Rey.

– Home caiac cadete: David Domínguez.- Home canoa infantil “A”: Hugo Mougan.

– Muller caiac infantil “A”: Alba Handt e Paula Pouso.

– Muller caiac infantil “B”: Martina García.- Home canoa infantil “B”: Aitor Garay

.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122