TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO, CAMPIÓNS DE EUROPA

Impresionante o colofón que puxeron Tono Campos Diego Romero a súa participación no Campionato de Europa de Maratón que se disputou en Silkeborg (Dinamarca).Donde acadaron o título de Campións de Europa no C-2 home senior, impoñendose nun espectacular sprint, despois de padexar máis de 26 km (Tono Campos sumados a outros 26,2 km no día de onte) donde a parella polaca que estivo moi forte toda a regata, tivo que levantar a pala ante o gran final de Tono e Diego.

Esto pon o punto final a unha moi boa actuación dos padexeiros do Breogán do Grove neste Europeo: Tono Campos, Tania Alvarez e Diego Romero. Actuación que sigueu moi atentamente dende a distancia o seu adestrador José Luis Otero Padín.

O título de hoxe de Diego e Tono, sumase o título de Campión de Europa acadado por Tono Campos no día de onte no C-1 home senior e tamén o sexto de Tania Alvarez no K-1 muller senior nas distancias estándar do maratón.

Mentras que nas distancia curtas de este Campionato, tamén obtiveron moi bos resultados os nosos representantes:

– C-1 home senior maratón curta: Tono Campos (Medalla de Bronce) e Diego Romero (4º posto).

– K-1 muller senior maratón curta: Tania Alvarez (6º posto).

Con un balance final para @s nos@s deportistas de : dous títulos de Campións de Europa, unha Medalla de Bronce, un cuarto posto e dous sextos postos.PARABÉNS A TOD@S

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122