BOA ACTUACIÓN DOS CADETES E INFANTÍS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SPRINT DE NOVAS PROMESAS.

Dende o venres ata a mañán de hoxe domingo, veuse disputando no Complexo Deportivo David Cal de Verducido, o Campionato de España Sprint de Novas Promesas Cadetes e Infantís.

Os representantes do Breogán do Grove, baixo a “batuta” do Komandante Sami, realizaron unha boa actuación, destacando o título de Campiona de España colleitado por Lara Remigio no C-1 muller cadte “B” 500 m.

Outros finalistas foron:

– C-4 home cadete, 7º posto, con: Lara Remigio, Antonio Silva, Alex Barreiro e Jairo Barral.

– C-2 cadete mixta, 9º posto: Lara Remigio e Antonio Silva.

– C-2 home cadete: Antonio Silva e Mateo Feijoo (11º), Pepe López e Jairo Barral (13º), Alex Barreiro e Xian Gondar (18º)

– C-1 home cadete “B”: Pepe López 8ª Final B.- K-1 muller infantil “B”: Martina García, 3º Final C.

– K-2 muller infantil “A”: Alba Handt e Martina García, 8º Final C.

Tamén participaron neste Campionato: muller caiac cadete: Alba Rey, home caiac cadete: David Domínguez, home canoa infantil “A”: Hugo Mougan, muller caiac infantil “A”: Paula Pouso, home canoa infantil “B”: Aitor Garay.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122