Cando aínda estamos saboreando os bos resultados colleitados polos nos@s deportistas: Tono Campos, Tania Alvarez e Diego Romero no Campionato de Europa de Maratón.
Outros dous deportistas do Breogán do Grove xa se atopan en Halifax (Canada) para participar do 3 ao 9 de agosto, no Campionato do Mundo Sprint Absoluto.
Os irmáns Domínguez Martín, Noel e Diego; participarán no C-2 1.000 m., modalidade e distancia na que recentemente se facían co título de Subcampións de Europa na categoría Sub 23; agora na categoría absoluta terano bastante máis difícil, pero pondrán todo da súa parte para colleitar un bo resultado.
Na foto podemos ollar a Diego e Noel, con outro dos referentes do Breogán, como é o noso Vicepresidente Deportivo e dúas veces olímpico, David Mascato; que se atopa tamén en Canada, donde participará a súa dona Teri Portela.
Teri formará parte do K-4 español na distancia de 500 m., con Sara Ouzande (Kayak Tudense), Carolina Garcia (N. Sevilla) e Laia Pelachs (N. Banyoles).Teri Portela tamén participará no K-2 200 m., facendo parella con Sara Ouzande.
MOITA SORTE NOEL, DIEGO E TERI.
#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122