ACTIVIDADE DA FIN DE SEMANA: CAMPIONATO DO MUNDO, DESCENSO INTERNACIONAL DO SELLA, COPA GALEGA DE CAIAC DE MAR

Unha fin de semana máis, @s nos@s deportistas terán unha importante e variada actuación en diversas competicións a nivel internacional e autonómico.

CAMPIONATO DO MUNDO SPRINT

Continúase disputando en Halifax (Canada) o Campionato do Mundo Sprint Absoluto, cos nosos representantes: Noel e Diego Domínguez xa clasificados para disputar a final do C-2 home 1.000 m.

Esta final do Campionato do Mundo, disputarase o domingo a partir das 18:21 h.Neste Mundial, tamén se clasificou para disputar as finais Teri Portela, tanto no K-4 500 n., como no K-2 200 m.

DESCENSO INTERNACIONAL DO SELLA

Recen chegados do Campionato de Europa de Maratón, @s nos@s deportistas: Tono campos, Diego Romero e Tania Alvarez participarán este sábado no Descenso Internacional do Río Sella.Os tres participarán formando parte da selección española nesta regata internacional; Tono Campos e Diego Romero tomarán parte na regata do C-2 home senior. Mentras que Tania Alvarez participará no K-2 muller senior formando parella con Tania Fernández (Kayak Tudense).

COPA GALICIA DE CAIAC DE MAR

O domingo dende as 16:30 h. en Cabanas, disputase a Copa Galicia de Caiac de Mar, na que estarán presentes catro dos nosos deportistas.Marta Mourelos, clasificada para disputar o Campionato de Europa de Caiac de Mar, sigue preparándose nesta modalidade e participará no SS1 muller senior.Alba Rey participará no SS1 muller cadete, David Domínguez SS1 home cadete e David Leiro no SUP home senior.

MOITA SORTE A TOD@S.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122