@S PADEXEIR@S DO BREOGAN DO GROVE ACADAN UN TOTAL DE NOVE MEDALLAS EN TRES COMPETICIÓNS A NIVEL NACIONAL

Esta fin de semana @s deportistas do Breogán do Grove estiveron presentes en tres regatas de ámbito nacional, acadando un total de nove medallas:

– Campionato de España de Maratón Curto: un ouro, unha prata e un bronce.

– Campionato de España de Maratón: dous ouros e un bronce.

– III Copa de España de Barco Dragón: dúas pratas e un bronce.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARATÓN CORTO.O venres disputaronse as regatas do Campionato de España de Maratón Corto, que tivo lugar en Zamora.

Lara Remigio proclamouse Campiona de España no C-1 muller cadete, Diego Romero fixose co título de Subcampión de España no C-1 home senior e, na mesma categoría Tono Campos facíase coa Medalla de Prata.

Tania Alvarez remataba cuarta no K-1 muller senior, igual resultado que Marta Mourelos no K-1 muller Sub 23.

CAMPIONATO DE ESPAÑA DE MARATÓN.O sábado e domingo, tamén en Zamora, disputouse o Campionato de España de Maratón nas distancias estándar.

Enrique Navas “Tite” colgouse a Medalla de Campión de España no PK2 home senior; tamén se proclamaron Campións de España Tono Campos e Diego Romero no C-2 home senior. Mentras que Lara Remigio facíase coa Medalla de Bronce no C-1 muller cadete.

Este Campionato tamén era un control selectivo para completar as prazas que daban dereito a participar no Campionato do Mundo de Maratón, no cal participou Tania Alvarez no K-2 muller senior xunto coa lucense Tania Fernández (Kayak Tudense), facendose coa praza que lles permite a súa asistencia ó Mundial.Marta Mourelos foi 5ª no K-1 muller Sub 23 e Antonio Silva remataba na sexta posición no C-1 home cadete.Alba Rey (K-1 muller cadete) e Alex Barreiro-Jairo Barral (C-2 home cadete), non remataron a regata.

III COPA DE ESPAÑA DE BARCO DRAGÓN

O encoro de Trasona (Asturias) acolleu a III Copa de España de Barco Dragón, sobre a distancia de 200 m.O Breogán presentou tres equipos en competición que fixeron pleno, xa que os tres acadaron medallas nas súas respectivas categorías.@s deportistas que se desprazaron a esta terceira competición da Liga Nacional de Barco Dragón foron: Uxía e Yolanda Pallares, Mili Piñeiro, Belén Álvarez, Lola Rodríguez, Fatima Barreiro, Maite Galiñanes, Mari Fuentes, Rut Otero, Mari Serantes, Sonia Noya, Meli Vidal, Maika Aguiño, Lino Cacabelos, Antonio Devesa “Tolín”, Rufino Garrido, Félix Lamas, Rafa Radio, Fran Prieto e Eloy Triñanes.Os resultados colleitados foron os seguintes:- Femenino veterano, Medalla de Prata.- Mixto veterano, Medalla de Prata.- Open veterano, Medalla de Bronce.

#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122#oteuxacobeo