CATRO PADEXEIR@S DO BREOGÁN DO GROVE PARTICIPAN ESTA SEMANA EN CAMPIONATOS DO MUNDO

Esta semana presentase moi internacional para os deportistas do Breogán do Grove, xa que van a ter presenza en dous Campionatos do Mundo. Tres padexeiros estarán presentes no Campionato do Mundo Sprint Xuvenil e Sub 23, e outra padexeira acudirá o Campionato do Mundo de Barco Dragón.

CAMPIONATO DO MUNDO SPRINT XUVENIL E SUB 23

Do 31 de agosto ata o 4 de setembro, disputase en Szeged (Hungría), o Campionato do Mundo Sprint Xuvenil e Sub 23, que contará coa presenza de tres breoganistas: Noel Domínguez, Diego Domínguez e David Barreiro.Noel, Diego e David participarán nas seguintes competicións:- Noel e Diego Domínguez, no C-2 home Sub 23 500 m.- Noel e Diego Domínguez, no C-2 Sub 23 1.000 m.- Diego Domínguez con Antía Jácome (E.P. Ciudad Pontevedra), no C-2 Sub 23 Mixto 500 m.- David Barreiro con Manuel Fontán (O Muiño de Ribadumia), Martín Jácome (E.P. Ciudad Pontevedra) e Cayetano García (N. Sevilla), no C-4 Sub 23 500 m.- Noel Domínguez, C-1 home Sub 23 5.000 m.

CAMPIONATO DO MUNDO DE BARCO DRAGÓN

Do 1 ao 4 de setembro disputase o Campionato do Mundo de Barco Dragón, que terá como escenario Racice (República Checa); donde estará presente a breoganista Rut Otero.Rut formará parte de varias tripulacións do equipo español nos dragóns de 20+2 e o 10+2, tanto nas distancias de 200, 500 e 2.000 metros; e nas modalidades de feminino, mixto e open.

CAMPIONATO DO MUNDO DE MARATÓN

Ésta fin de semana disputouse en Zamora, o Campionato de España de maratón, que tamén foi control selectivo para outorgar os últimos “billetes” para asistir ó Campionato do Mundo de Maratón que se disputará en Ponte de Lima (Portugal) do 29 de setembro ó 2 de outubro.

Tania Alvarez acadou o seu pase o Mundial o gañar o selectivo de K-2 muller senior formando parella coa lucense Tania Fernández (Kayak Tudense).Tamén están clasificados para este Campionato do Mundo de Maratón: Tono Campos e Diego Romero

.#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122#oteuxacobeo