Importante actividade esta semana dos deportistas do Breogán do Grove, coas participacións internacionais de Noel e Diego Domínguez e David Barreiro no Campionato do Mundo Sprint Junior e Sub 23. E de Rut Otero no Campionato do Mundo de Barco Dragon.Ademais durante a fin de semana teremos representación no Campionato de España de Caiac de Mar, Campionato Galego de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns, Trofeo Internacional Concello de Vigo de caiac de Mar.
CAMPIONATO GALEGO DE ALEVÍNS, BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNSXXXVI TROFEO CONCELLO DO GROVE DE PIRAGÜISMOIV TROFEO FESTAS DE SAN MARTIÑOO sábado dende as 10:00 h, disputase nas inmediacións do Pavillón de Deportes Náuticos “Tono Campos”, o Campionato Galego de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns – XXXVI Trofeo Concello do Grove de Piragüismo – IV Trofeo Festas de San Martiño.Esta regata tamén entra dentro da Liga Provincial de Pontevedra “Depoescolas”.Conta con unha inscrición de máis de 700 deportistas en representación de 37 clubs de toda Galicia.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CAIAC DE MARSanlucar de Barrameda (Huelva) acolle o Campionato de España de Caiac de Marta, no que participará Marta Mourelos no SS1 muller sub 23; competición que tamén será selectivo para poder asistir o Campionato do Mundo de esta modalidade.
TROFEO INTERNACIONAL CONCELLO DE VIGO DE CAIAC DE MARNesta competición estará presente, Simón Díaz na categoría de K-1 home veterano tradicional.
#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122#oteuxacobeo