Impresionante ambiente piragüistico o vivido hoxe no Grove na disputa do Campionato Galego de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns.
Donde o espectacular campo de regatas co que contamos, sumouse un día como non se recorda en moito tempo, e a pesar de xuntar máis as saidas por culpa da marea, pudemos disputar todas as competicións nunhas condicións óptimas no campo de regatas.
O lunar negro do día foron os problemas ocasionados pola zona de aparcamento para os clubs, que pudo ser bastante mellorable. E aínda que non dependía directamente de nos, como club organizador pedimos disculpas dentro da nosas responsabilidades no tema.
No deportivo, gran participación batendo o record nestas categorías, con máis 700 deportistas representado a preto de 40 clubs de toda Galicia, con saídas de máis de 115 participantes, que encheron de colorido a zona entre o Pavillón de Deportes Náuticos “Tono Campos” e a ponte da Toxa, así como a praia de Peralto.
Como era de agardar, impuxose o C.P.P. Portonovo, seguido do C. M. Ría de Aldán, sendo terceiro o C.N. O Muiño de Ribadumia.
#camiñoaorespecto#GaliciaSaudable#Abanca#igualdadenarede#NON#fundaciondeportegalego#deputaciónpontevedra#concellodogrove#xacobeo2122#oteuxacobeo