UNHA FESTA MULTITUDINARIA PARA DICIRLLE ADEUS AO VERÁN

10669287_1006497242735429_3238621941945753143_o

Rematou agosto e, para moitos, con el, o verán. Despois de dous meses de vacacións vaise achegando o momento de ir pensando en volver á rutina, preparar a mochila, e voltar de novo ao curso académico. Por este motivo, antes de que iniciasen as actividades escolares para moitos dos padexeiros que estiveron formando parte da plantilla do noso club durante estes meses de verán (sobre todo das categorías base), decidimos realizar unha gran festa de fin de actividades para todos os nosos deportistas e as súas familias.

O sábado foi o día escollido para esta «despedida», coincidindo con que esta fin de semana @s nos@s padexeir@s non asistirían a ningunha proba. Así, a tarde calorosa do sábado pasámola no pavillón de deportes náuticos e arredores, gozando da compañía dos nosos deportistas e achegados, e realizando numerosas actividades para pasalo tempo e aguantar as altas temperaturas propias de finais de agosto.

10603818_1006491186069368_610540882262940043_oPrecisamente, debido ao bo tempo que nos acompañou nesta actividade, foron moitos os familiares dos nosos padexeiros os que se animaron a subir nas autovaciables e dar unha volta polas augas da ría. Pero, malia que todos mostraron certa habilidade na pirauga, non faltou algunha que outra «caída accidental» para rematar todos refrescándose na auga.

E despois das actividades… a comer! Non sería unha festa completa sen un bo churrasco para repoñer forzas. Os asistentes a esta festa deron conta dunha fantástica merenda que lle puxo a guinda a esta tarde festiva do noso club. Agora, toca pensar nas probas que quedan por disputar , á espera de dicirlle o adeus definitivo á tempada.

Podes consurtar máis imaxes da festa de fin de actividades de verán na seguinte galería de fotos: