BREOGÁN ANTE UNHA FIN DE SEMANA MOI COMPLETA

baixada do umiaEsta fin de semana preséntase moi completa para o Breogán do Grove, pois contará con representación en ata catro competicións diferentes.

Como xa se informou, o canoísta Diego Romero está competindo no Campionato de Europa de Pista senior, como C-1 do equipo español. Pola súa banda, Adrián Fernández no C-1 senior, será o único representante do Breogán no I Campionato de España de Ríos e Travesías, que se celebra este sábado en Aranjuez (Madrid).

O mesmo sábado, Rut Otero na modalidade de sprinter K-1 muller senior, participará na 3ª Competición da Copa España de Kaiak de Mar que se disputa en Vigo. E o domingo pola tarde, o Breogán presentará un equipo formado por dezaseis deportistas na Baixada do Umia.

Non nos esquecemos das irmás García Naveiro, Tania e Laura, quen seguen coa súa preparación para acudir ao Campionato de Europa de Pista Sub 23 e Xuvenil.