SATISFACCIÓN POLA X TRAVESÍA DA TOXA

travesia toxaDende a familia do Breogán, estamos moi satisfeitos coa participación e a relevancia que está a acadar a regata da Travesía da Toxa; pois cada ano a participación vai en aumento.

Na pasada edición foron arredor de 350 os palistas inscritos nesta competición, co que bateu a participación de edicións anteriores. Pero este ano de novo se volveu a superar os rexistros cunha inscrición de 396 deportistas e a pesar de coincidir esta regata coa celebración do Campionato de Europa de Maratón no que participaron un bo número de deportistas galegos.

Como exemplo da relevancia que está alcanzando a nosa regata, diremos que esta fin de semana celébrase en Aranjuez (Madrid) o I Campionato de España de Ríos e Travesías que conta cunha inscrición de 347 padexeiros.

Non podemos máis que amosar a nosa satisfacción e agradecer aos que colaboran para que a esta regata vaia a máis cada ano. Dende a Concellaría de Deportes patrocinadora do evento, como as empresas que colaboran a dar realce á competición: Gran Hotel de La Toja, Hotel Louxo, Hotel Balneario Hesperia Isla de la Toja, Tienda Manantiales de La Toja, Conservas Selectas de Galicia e Gadis.