Tag Archives: 2015

RESULTADOS DA 8ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ

– Primeira División: USC Xuvenil  2,5-1,5  Breogán «A» – Terceira División: EXP Zona Informática  0,5-3,5   Breogán «B» – Cuarta División: Breogán «C» 3,5-4,5  EXP Casino Pontevedra Para esta fin de semana, os equipos do Breogán disputarán os seus respectivos encontros. No caso do Broegán «B», inmerso na terceira división,...
Read more

CUARTOS NA 1ª REGATA DE KAIAK DE MAR

Boa colleita a d@s nos@s padexeir@s na súa participación na 1ª Regata de Kaiak de Mar que se celebrou hoxe en Noia. Con dez padexeir@s en competición, remataron nun meritorio cuarto posto por clubs (o mellor resultado da historia nesta modalidade) e un total de catro medallas a nivel individual...
Read more

CAMPIONATO GALEGO DE INVERNO

O sábado terá lugar o inicio oficial da tempada de piragüismo, coa celebración en Verducido do Campionato Galego de Inverno, sobre a distancia de 5.000 m. O programa deste campionato consta de doce regatas, estando prevista a primeira as 9,30 h. coa posta en escea das K-1 muller cadete; sendo...
Read more

CONTROIS DA COMISIÓN TÉCNICA DA FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGÜISMO

Esta fin de semana celebraranse dous controis organizados pola Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo. O sábado tomarán as augas de Verducido @s deportistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veteranos, mentres que o domingo serán @s padexeiros de categoría infantil os que participen nesta competición. O Breogán estará presente os...
Read more

OS PALISTAS DO BREOGÁN ACADAN RESULTADOS «REGULARES» NO RÍO LÉREZ

O pasado sábado tivo lugar no río Lérez, un control amistoso sobre 8.000 m., organizado polo equipo técnico da Federación Galega de Piragüismo. Este control serviuu a clubs, técnicos e deportistas, como primeira toma de contacto coa competición e ver as condicións nas que se atopan despois da preparación invernal....
Read more

1ª XORNADA DA LIGA GALEGA DE XADREZ

Hoxe, sábado, disputouse a 1ª xornada da Liga Galega de Xadrez, na que xogaron como locais dous dos nosos equipos; o Breogán «A» no Grupo B da Primeira División, enfrontouse á Escola Técnica de Xadrez. E, o Breogán “B” no Grupo F da Terceira División, comezou competición enfrontándose ao Liceo...
Read more

TRES EQUIPOS DO BREOGÁN, INSCRITOS NA LIGA GALEGA DE XADREZ

A Liga Galega de Xadrez iniciarase o día 10 de xaneiro, onde o Breogán terá tres equipos en competición: Breogán “A” competirá no Grupo B da Primeira División Galega; Breogán “B” no grupo F da Terceira División e o Breogán “C” no Grupo A da Cuarta División. Na primeira xornada...
Read more