Archivo de noticias de: Piraguismo

CATRO OUROS E UN BRONCE NO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA

O sábado disputouse en Verducido a primeira fase do Campionato Galego de Pista para cadetes, xuvenís, senior e veteranos. Nesta parte da competición os padexeir@s competiron en barcos individuais (K-1 e C-1) sobre distancia olímpicas, no caso dos homes sobre 1.000 e 200 m., e no das mulleres sobre 500...
Leer mas...

CAMPOS E ROMERO SON QUINTOS NA FINAL DO EUROPEO, A 8 SEGUNDOS DO PODIO

Tono Campos e Diego Romero veñen de disputar o Campionato Europeo de Pista Senior en Brandemburgo (Alemaña), no que estiveron competindo na modalidade de C-2 sobre 1.000m, proba de velocidade para a que o campo de regatas non se atopaba na mellor das condicións (con moito vendo e ondas). Despois...
Leer mas...

ACHÉGATE MAÑÁ Á FESTA DO BREOGÁN POLOS SEUS DEPORTISTAS!!

Dende o CMDC Breogán de O Grove estamos a poñer en marcha iniciativas de cara a poder facer fronte aos importantes gastos que supón ter que pagar as viaxes e estancias dos nos@s deportistas nos distintos Campionatos de Europa e Campionatos do Mundo nos que están a tomar parte como...
Leer mas...

TODO PREPARADO PARA A XORNADA DE CAPTACIÓN DE FONDOS DESTE SÁBADO

Alén de todas as competicións nas que estarán presentes @s nos@s padexeir@s, durante o sábado, nos aledaños do Pavillón de Deportes Náuticos, teremos a Xornada de Captación de Fondos “O GROVE COS SEUS DEPORTISTAS INTERNACIONAIS”, de cara a sufragar os gastos dos nosos deportistas nas súas asistencias a Campionatos de Europa...
Leer mas...

NOVA FIN DE SEMANA «CARGADIÑA» PARA O BREOGÁN

Os membr@s do equipo de piragüismo do CMDC Breogán do Grove deberán afrontar unha nova fin de semana «cargadiña» de actividade. O Campionato de Europa de Pista senior (no que están Tono Campos e Diego Romero), o Campionato Galego de Pista Individual, o Campionato Galego de Infantís sobre 3.000m, e,...
Leer mas...

«O GROVE COS SEUS DEPORTISTAS INTERNACIONAIS»

Xa hai varios establecementos do Grove que teñen colgado o cartel de «Establecemento colaborador» coa nosa campaña de recadación de fondos baixo o lema «O Grove cos seus deportistas internacionais». Dende o Breogán non casamos de darlles as grazas por axudar aos nosos padexeiros e ao noso club. Estamos ultimando...
Leer mas...

CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN CO BREOGÁN

O Campamento Deportivo de Verán que organizan as Concellarías de Deporte e Xuventude, en colaboación da Asociación do Deporte Meco (ADM), chegou á semana do piragüismo. @s participantes neste campamento, durante a primeira semana tiveron xogos motores e multideporte no Pavillón Municipal dos Deportes Monte da Vila e, tamén acudiron...
Leer mas...

CATRO INFANTÍS PARTICIPARON NA CONCENRACIÓN DE SEGUIMENTO DA FEGAPI

Na tarde do xoves realizouse no encoro do Pontillón do Castro (Verducido) unha concentración de seguimento organizada pola Comisión Técnica da Federación Galega de Piragüismo. Nunha xornada na que o tempo non axudou, con moito vento que dificultou a actuación dos padexeir@s, acudiron a esta chamada deportistas da categoría cadete...
Leer mas...

TONO CAMPOS E DIEGO ROMERO, RUMBO AO MUNDIAL

Na mañá do sábado celebrouse en Verducido o Control Selectivo Nacional no que se xogaban as prazas pendentes de asignar para asistir ao Campionato do Mundo de Pista que se celebrará en Moscu do 6 ao 10 de agosto. Os padexeiros do Breogán, Tono Campos e Diego Romero, impuxéronse no...
Leer mas...